AVALIACÓN RECÍPROCA BADMINTON

  • Experiencia como alumno avaliado

A avaliación que me fixeron as miñas compañeiras gustoume xa que considero que é importante e bo para un mesmo recibir unha crítica dun ou unha terceira persoa para así ver os puntos fortes que teño para explotalos mellor e para ver os puntos débiles para adestralos e conseguir unha mellora que aumente o meu nivel de xogo.
Sobre a avaliación en concreto, estou de acordo con ela e gustoume que as miñas compañeiras fixesen unha avaliación seria e obxectiva sen deixarse levar ou condicionar por como me puidese sentar dita crítica.


  • Experiencia como alumno avaliador

Levei a cabo esta experiencia xunto ao meu compañeiro Adrian Fernández e considero que foi unha experiencia enriquecedora porque a parte de axudar ás miñas compañeiras para mellorar mediante unha avaliación obxectiva, tamén me axudou a mellorar á miña, tanto como adestrador como de xogador xa que ao ver as súas tácticas e técnica, podo comparala coa miña e cambiar o meu xogo a un mellor.
En conclusión, considero que estas experiencias deben de realizarse en todos os deportes que se practiquen xa que desde fóra obtense un punto de vista diferente ao das persoas que están a xogar o partido polo que despois de analizar o suficiente pódenselle dar unha serie de correccións ou tácticas para mellorar o seu xogo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRESENTACIÓN

DESARROLLO SENSOCOGNITIVO Y EDAD